RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Encontro co Fútbol Afeccionado Coruñés

O Consello de Administración do Real Club Deportivo e representantes dunha gran maioría dos clubs do Fútbol Afeccionado Coruñés tiveron onte á noite en ABANCA-RIAZOR a súa primeira toma de contacto nun encontro desenvolvido na Área 1906 do Estadio Deportivista.

Posteriormente, todos os participantes gozaron desde o Palco de Honra do partido entre o Deportivo e o Girona na semana na que se farán efectivas, como cada ano, as compensacións en virtude dos convenios existentes entre o Dépor e os clubs participantes.