RCD / NOVAS

Eneko Bóveda chega esta fin de semana á Coruña para pechar a súa incorporación ao Deportivo

20/01/2018 21:02

O lateral dereito vizcaino Eneko Bóveda chegará nas próximas horas á Coruña para pechar a súa incorporación ao Real Club Deportivo. Após o acordo co seu equipo de procedencia, o Athletic Club, queda pendente que supere o recoñecemento médico ao que será sometidos a principio de semana na cidade herculina para pechar a súa incorporación á disciplina branquiazul.

Eneko Bóveda Altube (Bilbao, 14 de decembro de 1988), xoga como lateral dereito e disputou 59 partidos co Bilbao Athletic, máis dun centenar coa SD Eibar entre 2011 e 2015 e máis de medio centenar co Athletic Club desde o seu regreso ao primeiro equipo branquivermello no verán de hai dous anos e medio.

Máis novas de: BÓVEDA