RCD / NOVAS

Eneko Bóveda deixou o campo con molestias na coxa dereita

07/03/2020 22:15

Eneko Bóveda viuse obrigado a retirarse do terreo de xogo a consecuencia dunhas molestias na coxa dereita no minuto 7 do Almería-Dépor.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo realizarán probas complementarias nos próximos días para coñecer o alcance exacto da lesión do defensor deportivista.

No Estadio Xogos Mediterráneos foi relevado por Hugo Vallejo.

Máis novas de: BÓVEDA