RCD / NOVAS

Eneko Bóveda e Maksym Koval estréanse en Abegondo

23/01/2018 13:45

As dúas novas incorporacións neste mercado de inverno, Eneko Bóveda e Maksym Koval, realizaron esta mañá o primeiro adestramento co Deportivo na Cidade Deportiva de Abegondo.

A outra gran novidade foi Fede Cartabia, que completou sen contratempos a primeira parte da sesión co resto de compañeiros. O atacante arxentino entra pois na recta final da súa recuperación.

Os futbolistas que foron titulares o pasado domingo realizaron só as primeiras tarefas, cun quecemento e un exercicio de posesión. Tamén Çolak, a instancias de Cristóbal Parralo, retirouse antes aos vestiarios.

Para o resto do cadro, incluído o fabrilista Edu Expósito, houbo ademais un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Estiveron á marxe do grupo, ademais de Pedro Mosquera; Albentosa, que tivo carreira continua polo céspede e recibiu tratamento médico e de fisioterapia; Luisinho, que arrastra unhas molestias nas costas; e Sidnei, ás ordes do readaptador Fran Molano.

Mañá mércores haberá un novo adestramento, ás 11:00 horas en Abegondo.

Máis novas de: BÓVEDA, KOVAL

RCD / Noticias Relacionadas

RCD / AXENDA

16 XUL

Martes 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

16 XUL

Martes 18:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

17 XUL

Mércores 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

17 XUL

Mércores 18:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

18 XUL

Xoves 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3