RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ensaio a porta pechada en Riazor do partido fronte a Osasuna

O Deportivo ensaiou esta mañá no Estadio de Riazor, nunha sesión a porta pechada, o partido do domingo 18 de decembro ante Osasuna (18.30, Bein Sports).

Así, Gaizka Garitano traballou cos seus xogadores a saída de balón, defensa en inferioridade, a posesión, e o xogo por bandas e remate.

Un partido once para once puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Está fóra do grupo Laure. Os fabrilistas Óscar e Nacho Monsalve adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá venres, os futbolistas branquiazuis están citados en Abegondo ás 10.30 horas.