Ensaio acertado do Fabril ante o Racing Villalbés, o seu primeiro rival en liga
O Fabril enfrontouse esta mañá ao Racing Villalbés no seu terceiro amigable de pretemporada.
Precisamente ante o conxunto lucense o equipo de Óscar Gilsanz arrincará o próximo 12 de setembro en Abegondo a liga na nova 3ª RFEF.
Como é habitual nestas primeiras citas do verán, o adestrador fabrilista aliñou a dous onces, un en cada tempo.
Primeiro tempo: Hugo Ríos, Quique Teijo, Guille Bueno, David Suárez, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Javi Sanmartín, David Martínez, Nájera e Padín.
Segundo tempo: Brais, Iván Guerrero, Manu Berrocal, Seydiba, Juan Rodríguez, Mario, Quique Teijo (entrou no seu lugar Nájera), Fabio, Juan Cambón, Raúl e Urdiales.
O partido, moi igualado, caeu ao lado do Fabril (1-0), grazas ao gol na primeira parte de David Martínez 'Davo' desde o punto de penalti.
A próxima cita do Fabril será o mércores 11 de agosto ás 18:00 en Abegondo fronte ao Bergantiños CF.
O calendario de pretemporada do Fabril, que se irá completando nos próximos días, é o seguinte:
Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1 Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0 Fabril 1 (David Martínez 'Davo') - Racing Villalbés 0