RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ensaio do Dépor en ABANCA-RIAZOR

O Dépor completou esta mañá a  sesión prevista esta semana en ABANCA-RIAZOR, sede do partido deste sábado 11 de xuño ante o Albacete Balompié (18:00, Go&Go TV) na gran final polo ascenso a Segunda División.

O capitán Álex Bergantiños asegurou ante os medios de comunicación que o vestiario está "con ilusión, con ganas como é normal" pero admite "os nervios lóxicos de estar na semana definitiva, esperando que chegue o partido xa".

Esta mañá, Borja Jiménez comezou a esbozar o plan ante os castelán-manchegos cun partido a tres cuartas partes de campo. O técnico branquiazul impartiu constantes instrucións aos seus futbolistas, con constantes cambios de posicións e xogadores. Un quecemento e un xogo de posición completaron a mañá.

Víctor, Trilli e Juergen Elitim, que se recupera dunha gastroenterite, adestráronse á marxe do grupo.

Ademais do citado Trilli, Noel, Yeremay, Alberto, Brais Val e Nájera foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor regresa a Abegondo para un novo adestramento a partir das 10:30.