RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Numancia do sábado 8 en Abanca-Riazor

As entradas para o partido da 17ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Club Deportivo Numancia de Soria están á venda desde o luns 3 pola tarde.

O encontro dispútase o sábado 8 de decembro ás 13:00 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 10 e os 35 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 95 euros.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa provisionalmente nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 09:30 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí