RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entrada gratuíta para o Dépor ABANCA-Real Sociedad de mañá mércores ás 19:00 horas en Abegondo

O Deportivo ABANCA, sen apenas descanso tralo seu partido do pasado domingo na Ciudad Deportiva del Rayo Vallecano, recibe á Real Sociedad mañá mércores 19 de febreiro (19:00 horas), en partido aprazado o pasado mes de decembro correspondente á 14ª xornada debido ao temporal que azoutou eses días Galicia.

Manu Sánchez recupera a Alba Merino após cumprir o seu partido de sanción ante o Rayo Vallecano; pero non poderá contar coa canteirá Carlota, que mañá conclúe a súa concentración en Madrid coa selección española sub-19.

Cae da convocatoria de maneira obrigatoria Laura, cunhas molestias nun xeonllo, pendente de avaliación médica.

Mañá mércores, a entrada será libre para os afeccionados ao campo principal de Abegondo, nun partido entre o conxunto deportivista, unha das revelacións da Primera Iberdrola, e o vixente campión da Copa da Raíña e subcampión da Supercopa de España.

Tralo encontro, o Dépor ABANCA regresa aos adestramentos o xoves 20 de febreiro ás 17:00 na Cidade Deportiva.