RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas a 10 euros para socios para o Dépor-Albacete do domingo 20 en Abanca-Riazor

O Real Club Deportivo pon a disposición exclusiva dos seus socios entradas a prezo reducido para o partido da 22ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Albacete Balompié. Para este choque, os socios do Dépor, que teñen acceso libre co seu carné anual, poden conseguir até 4 entradas máis con ese carné a 10 euros cada unha. As entradas serán da bancada do carné do socio até fin de localidades. En caso de esgotarse as da bancada do socio naquelas que hai maior ocupación de abonados (Pavillón, Marathón e Preferencia Inferior), daranse localidades de Preferencia Superior.

O encontro dispútase o domingo 20 de xaneiro ás 18:00 horas. Os prezos das entradas para público en xeral oscilan entre os 15 e os 40 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 120 euros.

Para adquirir calquera destas localidades os socios e afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado 19, de 10:30 a 13:30 e o domingo, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida pero neste caso xa nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí