RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas a 15 euros para o Cádiz-Dépor, até o xoves na OAD

A partir de hoxe luns 17 e até as 13:30 horas do xoves 20, a Oficina de Atención ao Deportivista, situada xa na súa localización habitual da Avenida de La Habana, despachará entradas para o partido correspondente á 19ª xornada de LaLiga 1|2|3 ante o Cádiz CF, que se disputará o sábado 22 no Estadio Ramón de Carranza a partir das 20:45 horas.

O prezo de cada entrada é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tíckets ou unha fotocopia do mesmo. É imprescindible que polo menos unha das entradas sexa para o abonado.