RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda en Abanca-Riazor e Marineda City para o Dépor-Almería do venres 22

As entradas para o partido da 31ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e a UD Almería están xa á venda.

O encontro dispútase o venres 22 de marzo ás 21:00 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 15 e os 30 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 95 euros.

Ademais, os socios do Dépor teñen unha nova oferta para seguir sacando proveito á súa condición de abonado do Deportivo. Os socios do RC Deportivo poden subir o nivel do seu asento e comprar entradas para a zona VIP "Área 1906" con desconto en función da bancada da que sexan abonados, con descontos de entre 10 e 35 euros sobre o prezo para público en xeral desta localidade especial do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou á DéporTienda de Marineda City, aberta de luns a sábado, de 10:00 a 22:00 h.

O venres 22, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí