RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda, na Coruña e online, para o Unionistas-Dépor

Unionistas de Salamanca CF pon a disposición do Deportivismo entradas de cara ao partido do próximo sábado 1 de abril ás 19:00 h. no Estadio Reina Sofía (Insports.tv).

Entradas físicas:

Na Coruña despacharanse, en formato físico, 1.000 entradas a un prezo de 15 euros. As localidades venderanse, presencial e exclusivamente a persoas socias do Club, a partir do martes 21 de marzo ás 10:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivismo do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) dentro do seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até esgotar localidades.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné (máximo 4 por persoa física no despacho de billetes), mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas (40%) correspondente por convenio entre ambas as entidades.

Entradas online:

Paralelamente, Unionistas de Salamanca CF porá mañá luns á venda online, só para os seus socios, e desde o martes para o público en xeral, á mesma hora (10:00 h.) que se poñen á venda presencialmente na súa tenda en Salamanca, entradas de Bancada Visitante para afeccionados do Dépor que non poidan retiralas presencialmente na Coruña. Esta é a ligazón para a compra telemática.

Podes consultar toda a información publicada por Unionistas de Salamanca CF aquí.