RCD / NOVAS

Entradas á venda na Coruña para o Málaga-Dépor do sábado na Rosaleda

11/06/2019 10:51

O mércores 12 ás 11:00 h., nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, ponse á venda entradas para o partido de volta da semifinal do playoff de ascenso a LaLiga Santander que se disputa na Rosaleda o sábado 15 de xuño ás 21:00 h. (Movistar Partidazo).

O mércores as entradas estarán dispoñibles desde as 11:00 e até as 21:00 h. de maneira ininterrompida. O xoves venderanse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e o venres, na mesma localización, de 10:00 a 13:30 h.

O prezo das entradas é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas). Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.