RCD / NOVAS

Entradas á venda na Coruña para o Racing-Dépor

15/10/2019 13:59

O domingo 20 de outubro, nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, póñense á venda as entradas postas a disposición polo Real Racing Club para o partido da 13ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Estadio do Sardinero o sábado 26 de outubro ás 18:00 horas.

Ese día as entradas venderanse desde as 11:00 h. e até o comezo do Dépor-Málaga (16:00 h.). Desde o día 21 e até o xoves 24 de outubro ás 13:30 horas a venda trasládase á Oficina de Atención ao Deportivista (avenida de La Habana s/n), aberta de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 20 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.