RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na Coruña para o Valladolid Promesas-Dépor

O Real Valladolid puxo a disposición do Deportivismo entradas, en formato físico, do Anexo ao José Zorrilla a un prezo de 10 euros de cara ao partido do próximo sábado 21 de maio ás 18:30 h. (Footters e Fuchs-sports.com).

Ao ser en formato físico, as localidades venderanse, presencialmente e exclusivamente a socias ou socios do Club, a partir do sábado 14 de maio, aproveitando o partido en casa contra o CD Tudelano. Este primeiro día de venda repartiranse nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor en horario de 11:00 a 17:00 h. Se sobrasen localidades, desde o luns e até o xoves 19 de maio ás 13:30, estas estarán dispoñibles na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) no seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas, unha ou dúas por carné de socio, mostre o DNI orixinal (ou copia ou imaxe) de cada persoa que as vai a utilizar, e que un deles pertenza á persoa titular do abono.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas correspondente por convenio entre ambas as entidades.