RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda na OAD a partir de mañá xoves para o Girona-Dépor en Montilivi

Mañá xoves 26, nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, póñense á venda as entradas postas a disposición polo Girona CF para o partido da 9ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Estadio de Montilivi o xoves 3 de outubro ás 21:00 horas.

As entradas venderanse até o martes 1 de outubro ás 13:30 horas.

A OAD, sita na avenida da Habana s/n, abre entre semana de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e o sábado de 10:30 a 13:30 horas. O domingo, día do partido contra o CD Mirandés en ABANCA-Riazor, as entradas tamén estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de forma ininterrompida de 11:00 a 21:00 horas.

O prezo das entradas é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.