RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para a ida da final do playoff de ascenso do xoves ás 21:00 h. en ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo afronta a semana definitiva da temporada coa final do playoff de ascenso a LaLiga Santander, a ida en ABANCA-RIAZOR o xoves 20 ás 21:00 h.

Para este partido, os 23.491 socios do Dépor poden facer uso do seu carné anual para acceder ao estadio, mentres que para o resto de Deportivistas póñense á venda entradas da práctica totalidade das bancadas de ABANCA-RIAZOR.

As entradas xa poden poden comprarse online aquí

Fisicamente, as entradas estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) luns, martes e mércores de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial). O xoves, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes e en Marineda City.

O Real Club Deportivo lembra a todos os deportivistas que compren as súas entradas online, que pasen a retiralas coa maior antelación posible nos puntos de venda física sinalados para evitar colas de última hora antes do inicio do partido.