RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Almería-Dépor a partir desta tarde

02/03/2020 11:53

Os afeccionados deportivistas poden comprar desde esta tarde ás 16:30 horas nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR as entradas postas a disposición pola UD Almería para o partido da 31ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputará no Estadio Xogos Mediterráneos o sábado 7 de marzo ás 21:00 horas (GOL).

As entradas estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR até o xoves 5 de marzo ás 13:30 horas. A OAD, na avenida de La Habana s/n, abre de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas para a afección deportivista é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas) xa que serán nominativas. Lembramos que, segundo o regulamento de venda de entradas, o club local poderá comprobar en todo momento a identidade de espectador e a coincidencia da entrada que porta, non permitindo o acceso ao estadio a persoa diferente á que ten asignada a localidade.

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas.