RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Cádiz-Dépor do sábado no Carranza con buses financiados polo Club

O luns 16 ás 16:30 h., nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, póñense á venda as entradas postas a disposición polo Cádiz CF para o partido da sétima xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Ramón de Carranza o sábado 21 de setembro ás 16:00 h. (Movistar #Vamos).

As entradas venderanse até o xoves na avenida de La Habana s/n en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, martes e xoves. O mércores, día do partido contra o Numancia en ABANCA-Riazor, estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de forma ininterrompida de 11:00 a 21:00 h.

O prezo das entradas é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán mercar as súas entradas a través da Federación de Peñas.

Os posuidores de entradas poderán apuntarse ao desprazamento organizado pola Federación de Peñas, ante quen deben xestionar a súa praza nos autobuses que custeará o Real Club Deportivo, tanto para socios como para peñistas e acompañantes.