RCD / NOVAS

Entradas á venda para o cuarto partido de LaLiga, o Dépor-Albacete do sábado 7 en ABANCA-RIAZOR

20/08/2019 16:54

O Real Club Deportivo pon á venda o mércores 21 de agosto as entradas para o cuarto partido da Temporada 2019-2020, a segunda xornada de LaLiga SmartBank en ABANCA-RIAZOR, o sábado 7 de setembro ás 16:00 h. contra o Albacete Balompé.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 30 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) de 95 euros.

Online as entradas pode comprarse en: https://www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (até o día 23 de agosto). A partir dese día o horario é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).

O sábado, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.