RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Alcorcón do sábado 23 en ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo pon á venda o venres 15 as entradas para o encontro da 17ª xornada de LaLiga SmartBank no Estadio ABANCA-RIAZOR, o sábado 23 de novembro ás 18:00 horas contra o Alcorcón.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 30 euros das Tribunas. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 95 euros.

Online as entradas pode comprarse en www.rcdeportivo.es/entradas.

Fisicamente, os tickets están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O sábado, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).