RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Entradas á venda para o Dépor-Barça do domingo 29 ás 20:45

As entradas para o partido da 35ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o FC Barcelona están á venda.

O partido dispútase domingo 29 de abril ás 20:45 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 60 euros de Marathón Superior e os 90 euros de Tribuna Superior.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado 28 o horario de apertura da OAD é de 10:30 a 13:30 horas. O domingo 29, día do partido, as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 e até as 20:45 h. de maneira ininterrompida.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Barça (Xornada 35 LaLiga, domingo 29 de abril, 20:45 h.):