RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Dépor-Elche CF do domingo 10 en ABANCA-RIAZOR

29/10/2019 20:00

O Real Club Deportivo xa ten á venda as entradas para o encontro da 15ª xornada de LaLiga SmartBank no Estadio ABANCA-RIAZOR, o domingo 10 de novembro ás 12:00 horas contra o Elche CF.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 35 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 95 euros.

Online as entradas pode comprarse en www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) de martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. 

O domingo, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 10:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Tamén se poden comprar de martes a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).