RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Mirandés do domingo 29 en ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo pon á venda o martes 24 de setembro as entradas para o oitavo partido da Temporada 2019-2020, a cuarta xornada de LaLiga SmartBank en ABANCA-RIAZOR, o domingo 29 de setembro ás 21:00 h. contra o CD Mirandés.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros do fondo de Pavillón Inferior ou de Preferencia Inferior e os 30 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 95 euros.

Online as entradas pode comprarse en: https://www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado o horario de apertura é de 10:30 a 13:30 h.

O domingo, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Tamén se poden comprar de martes a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).