RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Dépor-Raio con prezos especiais para os menores de 15 anos

24/03/2019 19:07

As entradas para o partido da 33ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Rayo Majadahonda están á venda desde o luns 25 de marzo.

O encontro dispútase o sábado 6 de abril ás 16:00 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 10 e os 35 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 95 euros. Para este partido, todos os menores de 15 anos dispoñen de entradas a 5 euros para calquera bancada do Estadio.

Ademais, os socios do Dépor teñen unha nova oferta para seguir sacando proveito á súa condición de abonado do Deportivo. Os socios do RC Deportivo poden subir o nivel do seu asento e comprar entradas para a zona VIP "Área 1906" con desconto en función da bancada da que sexan abonados, con descontos de entre 10 e 35 euros sobre o prezo para público en xeral desta localidade especial do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de la Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, á DéporTienda de ABANCA-RIAZOR de luns a sábado de 10:00 a 20:30 h. ou á DéporTienda de Marineda City, en horario de luns a sábado, de 10:00 a 22:00 h.

O sábado 6, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí