RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Athletic da 13ª xornada (Domingo 26, 12:00 h.)

As entradas para o partido da 13ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Athletic Club están á venda desde o luns 6 de novembro.

O partido disputarase o domingo 26 de novembro a partir das 12:00 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 60 euros da Tribuna Superior e os 25 euros de Pavillón Superior.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 09:30 horas.

Tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Atlhletic (domingo 26 de novembro, 12:00 horas):