RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Extremadura-Dépor con desprazamento financiado polo Club

10/11/2019 21:31

Os afeccionados deportivistas poden comprar desde o luns nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR as entradas postas a disposición polo Extremadura UD para o partido da 16ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputará no Estadio Francisco de la Hera o sábado 16 de novembro ás 16:00 horas.

As entradas venderanse até o xoves 14 de outubro ás 13:30 horas. A OAD, na avenida de La Habana s/n, abre entre semana de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 15 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI tanto do socio como do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia/imaxe dixital dos mesmos (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Os peñistas poderán adquirir as súas entradas a través da Federación de Peñas, que xestiona o desprazamento en bus, tanto para peñistas como socios e afeccionados en xeral, que custeará o Club.