RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o primeiro partido de LaLiga, o Dépor-Real Oviedo do próximo domingo

O Real Club Deportivo pon á venda o luns 12 de agosto as entradas para o primeiro partido da Temporada 2019-2020, a primeira xornada de LaLiga SmartBank en ABANCA-RIAZOR, o domingo 18 ás 18:00 h. contra o Real Oviedo.

Para este partido, 19.626 socios do Dépor poden facer uso do seu carné anual para acceder ao estadio (os outros 648 até os 20.274 totais son socio amigo con dereito a un partido por temporada), mentres que para o resto de Deportivistas e afeccionados ponse á venda entradas da práctica totalidade das bancadas de ABANCA-RIAZOR.

O prezo das entradas oscila entre os 20 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 50 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da Área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) de 150 euros.

Os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres (xoves 15 pechada por festivo) de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ou de luns a sábado (excepto xoves 15, pechadas por festivo) nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial). O sábado, a OAD abre as súas portas de 10:30 a 13:30 e o domingo, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.