RCD / NOVAS

Entradas á venda para o sexto partido de LaLiga, o Dépor-Numancia do mércores 18 en ABANCA-RIAZOR

10/09/2019 19:10

O Real Club Deportivo pon á venda o mércores 11 de setembro as entradas para o sexto partido da Temporada 2019-2020, a terceira xornada de LaLiga SmartBank en ABANCA-RIAZOR, o mércores 18 de setembro ás 21:00 h. contra o CD Numancia de Soria.

O prezo das entradas oscila entre os 5 euros do fondo de Pavillón Inferior e os 25 euros da Tribuna Superior. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) de 95 euros.

Online as entradas pode comprarse en: https://www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets estarán á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).

O mércores, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.