RCD / NOVAS

Entradas á venda para o Teresa Herrera

Desde o luns 28 de xullo, poden adquirirse na Oficina de Atención ao Socio e Accionista do Real Club Deportivo, as entradas para o LXIX Teresa Herrera. Para esta edición establecéronse tres tipos de entradas: Tribunas (30 €), Preferencias (26 €) e Fondos (18 €). O afeccionado pode escoller a bancada superior ou inferior ao retirar a súa entrada, que lle permite presenciar as dúas xornadas do programa do torneo. Os socios do Deportivo que renoven, ou se dean de alta, ata o día 9 ou 10, teñen acceso libre a esta nova edición do decano dos torneos estivais.

27/07/2014 16:30

Programa LXIX Teresa Herrera

Día 9 de agosto, Riazor

  • 16:00 Finais Mini Teresa Herrera

         Prebenjamín: Compañía de María - Ural (Maratón)
         Benjamín: Deportivo - San Cristobal (Pavillón)

  • 18:00 Primeira semifinal Teresa Herrera Masculino: Sporting de Xixón - Sporting de Portugal
  • 20:30 Segunda semifinal Teresa Herrera Masculino: Deportivo - Nacional de Montevideo
  • 22:30 Final do Teresa Herrera Feminino: Gañador fase coruñesa - Boavista


Día 10 de agosto, Riazor

  • 18:00 Terceiro e cuarto posto Teresa Herrera Masculino
  • 20:30 Final do Teresa Herrera Masculino