RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Teresa Herrera 2018

Desde o luns 5 de novembro están á venda as entradas para o Teresa Herrera 2018, que alcanza a súa VI edición en categoría feminina e a LXXIII en masculina. O decano dos torneos amigables enfrontará en ambas as categorías ao Real Club Deportivo e ao Athletic Club. O encontro feminino arrinca ás 18:15 h. e o masculino ás 20:45 h. A entrada é única para ambos os partidos e todos os socios do Real Club Deportivo poden acceder presentando o seu abono da Temporada 2018-2019. Para o público, as entradas custan 5 e 10 euros, ademais de 70 na área VIP 1906.

As entradas tamén poden comprarse en liña aquí