RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Teresa Herrera 2019

Desde o luns 5 e até o sábado 10, día do torneo, estarán á venda as entradas para o Teresa Herrera 2019, que alcanza a súa septuaxésimo cuarta edición en categoría masculina e a sétima en feminina.

O Torneo disputarase o sábado 10 de agosto no Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR nestes horarios:

18:30 h. Dépor ABANCA - UD Granadilla Tenerife
21:00 h. Dépor - Real Betis

Os socios do Real Club Deportivo non necesitan entrada, podendo acceder a todos os partidos co seu abono da Temporada 2019-2020.

As entradas estarán dispoñibles de luns a venres 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas no interior da Oficina de Atención ao Deportivista. AVISO IMPORTANTE: as entradas para o Teresa Herrera despáchanse no interior da Oficina de Atención ao Deportivista, polo que non é necesario esperar as colas exteriores de altas e renovacións de Abonos.

Tamén se poden adquirir entradas para o Teresa Herrera nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR (10:00 a 20:30 h.) e Marineda City (10:00 a 22:00 h.)

O sábado 10 de agosto a venda das entradas do Teresa Herrera trasládase en exclusiva aos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 horas até o inicio do partido das 21:00 h. e na DéporTienda de Marineda City desde as 10:00 h.

Ese día, sábado 10 de agosto, a Oficina de Atención ao Deportivista atenderá só abonos mediante cita previa de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Os prezos das entradas para o Trofeo Teresa Herrera 2019 son os seguintes: