RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para #ONosoDerbi

As entradas para o partido da 17ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR, #onosoderbi entre o Real Club Deportivo e o Real Club Celta, están á venda desde o luns 6 de novembro.

O partido disputarase o sábado 23 de decembro a partir das 18:30 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 90 euros da Tribuna Superior e os 60 euros de Marathón Superior.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 11:00 horas.

Tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es .

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Celta (sábado 23 de decembro , 18:30 horas):