RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para os 3 últimos partidos de Liga con desconto por compra agrupada

O Real Club Deportivo afronta o final decisivo do longo e competitivo camiño de volta a Primeira. Após 35 xornadas, só restan 3 partidos máis en ABANCA-RIAZOR para seguir loitando polo obxectivo. Por iso, o Club quere pedir un último esforzo en forma de apoio incondicional ao equipo nos 3 partidos que restan no Estadio ABANCA-RIAZOR. Visitarán #ANOSACASA o Cádiz (domingo 12 de maio, 16:00 h. Día das Penas), RCD Mallorca (fin de semana do 26 de maio) e Córdoba CF (fin de semana do 9 de xuño, na última xornada de LaLiga). 

Por iso o Club, ademais de animar aos seus 23.454 socios a facer uso do seu carné e non perderse ningunha das citas, decidiu facilitar a todos os deportivistas e afeccionados que o desexen a posibilidade de vivir este final tan especial pondo á súa disposición packs de entradas para os 3 partidos (ou 2 se se desexa) que se disputan no que queda de LaLiga en ABANCA-RIAZOR.

Os packs, e entradas soltas para cada un dos choques, están á venda desde o martes 30 de abril na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de luns a sábado de 10:00 a 20:30 no Estadio e a 22:00 no Centro Comercial). Os días de partido as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes e Marineda City (agás se o partido é domingo, que neste caso é só no Palacio).

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí