RCD / NOVAS

Entradas de público para o Dépor ABANCA - UDG Tenerife do domingo en Abegondo

20/09/2019 11:46

Para o partido do domingo ás 12:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo, correspondente á terceira xornada de Primeira Iberdrola entre o Deportivo ABANCA e a UD Granadilla Tenerife, o Real Club Deportivo pon a disposición dos afeccionados e dos socios que queiran ir acompañados 400 entradas. 200 para público en xeral a 10 euros e 200 para acompañantes de socio a 5 euros. Os socios do Deportivo poden acceder libremente ao partido ensinando o seu carné da temporada, até completar aforo.

As entradas están dispoñibles hoxe venres na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR e o domingo, día do partido, desde as 11:00 no despacho de billetes da propia Cidade Deportiva.