RCD / NOVAS

Entradas para o Dépor-Lugo a 10 euros exclusivas para socios

19/02/2020 18:10

O Real Club Deportivo pon á venda desde o xoves 20 de febreiro as entradas para o Dépor-Lugo da 30ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Estadio ABANCA-RIAZOR o domingo 1 de marzo a partir das 16:00 h.

As entradas de público só estarán a diposición dos socios do Club a prezo único de 10 euros, cun límite de 4 entradas por socio e venda exclusiva en puntos de venda físicos: Oficina de Atención ao Deportivista e DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City. Quedan exentas desta oferta a entradas da área 1906.

Os tickets poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas; e de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).

As entradas tamén son válidas para o partido que se disputará a continuación no propio Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Fabril e o Bergantiños, de Terceira División (18:30 h.)