RCD / NOVAS

Entradas para o Dépor-Sporting a 10 euros exclusivas para socios

05/03/2020 18:30

O Real Club Deportivo pon á venda desde o venres 6 de marzo as entradas para o Dépor-Sporting da 32ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Estadio ABANCA-RIAZOR o sábado 14 de marzo a partir das 21:00 h.

As entradas de público só estarán a diposición dos socios do Club a prezo único de 10 euros, cun límite de 4 entradas por socio e venda exclusiva en puntos de venda físicos: Oficina de Atención ao Deportivista e DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City. Quedan exentas desta oferta a entradas da área 1906.

En atención ao Regulamento de venda de entradas, o número máximo que se poden despachar por persoa física son 6. Por tanto, se un socio presenta dous ou máis carnés, só poderá adquirir un máximo de 6. As entradas que poderá adquirir serán as da súa mesma bancada ou inferior. No momento que a bancada correspondente se esgote poderá adquirir xusto a bancada inmediatamente superior, até esgotar aforamento.

Os tickets poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas; e de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).