RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas por 10, 15 e 20 euros para o Dépor-Las Palmas do sábado 1 en ABANCA-RIAZOR

O Real Club Deportivo pon á venda o xoves 23 as entradas para o encontro da 26ª xornada de LaLiga SmartBank no Estadio ABANCA-RIAZOR, o sábado 1 de febreiro ás 18:15 horas contra a UD Las Palmas.

O prezo das entradas oscila entre os 10 euros dos fondos do Estadio e os 20 euros das Tribunas. Tamén se poden adquirir localidades da área 1906 (Área VIP de Tribuna Inferior) a 150 euros.

Online as entradas pode comprarse en www.rcdeportivo.es/entradas

Fisicamente, os tickets están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O sábado, día do propio partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).