RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas solidarias para o Dépor ABANCA - Valencia de Copa no Estadio, xa á venda

Desde o martes 4 ás 10:00 están á venda as entradas solidarias para o partido de oitavos de final de Copa da Raíña que enfrontará ao Deportivo ABANCA e a Valencia no Estadio ABANCA-RIAZOR o martes 11 de febreiro ás 20:00 h.

O Real Club Deportivo quere que o Estadio sexa unha auténtica festa esa xornada, que pasará á historia do Club, ao ser o primeiro partido oficial de #asnosas en ABANCA-RIAZOR.

Por iso todos os socios do Club terán acceso libre ao Estadio (aínda que non á súa bancada habitual nos partidos de LaLiga xa que se habilitarán, inicialmente, só as bancadas inferiores da instalación. Portas de acceso: 22 e 23 -Pavillón-; 14 e 18 -Preferencia-; 2 e 29 -Tribuna-; 6, 9 e 11 -Marathón-).

Pola súa banda, os afeccionados deberán pagar 2 euros pola súa entrada, cantidade que se doará, integramente, á Cociña Económica da Coruña.

As entradas poden adquirirse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. 

Tamén se poden comprar de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).