RCD / NOVAS

Entregados os premios do 5º Concurso de Debuxo do RC Deportivo

30/01/2017 13:47

A área de formación do Real Club Deportivo organizou, por quinta ocasión, o concurso de debuxo no que están convidados a participar todos os xogadores do fútbol formativo do Club, desde o Benxamín ata o filial deportivista.

No concurso, de temática e técnica libres, houbo, sobre todo, felicitacións de Nadal dos máis pequenos e algún traballo referente á historia do Club e os seus éxitos deportivos. Enrique Fornos e Anxo, xogadores do Fabril, foron os encargados de facer entrega aos gañadores e finalistas de diferentes obsequios do Club pola súa participación nesta actividade.