RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entregados os premios dos concursos de debuxo e redacción de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

A temporada 2018-2019 de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' chegou á súa conclusión coa entrega dos premios dos concursos de debuxo e redacción, este luns na sede do diario La Opinión de A Coruña.

O primeiro premio do concurso de debuxo levouno Paula Docampo Faraldo, alumna do CEIP San Pedro de Visma. A segunda posición foi para Nerea Caridad Brión, do CEIP Sal Lence. A terceira, para Joel Antonio Mato Pazos, estudante do CEIP Wenceslao Fernández Flórez. O accésit foi para Sabela Suárez Vázquez, do Colegio de Fomento Montespiño.

En canto ao concurso de redacción, o gañador foi Aarón López de Sousa, do CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo. O segundo premio foi a parar a mans de Lucía Gómez Llamas, do CEIP Ría do Burgo, tamén de Culleredo. O terceiro levoullo Ana Varela Pose, do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, mentres que o accésit foi concedido a Daniel Fernández Rodríguez, do CEIP María Barbeito.

Tamén houbo un concurso de debuxo Genuine, cuxa gañadora foi Tatiana Dosantos Machado, e outro de redacción, que tivo como premiado a Román Cordero Bentos-Pereyra.

Os premios foron entregados polo presidente do RC Deportivo Paco Zas e o Conselleiro Alberto Méndez; Carmen Merelas, directora de La Opinión de A Coruña e Pedro Costa, xerente; e Adrián Torreiro, en representación de Vegalsa-Eroski, empresa colaboradora do proxecto.

28 colexios e máis de 1.400 nenos

'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' concluíu a súa terceira temporada permitindo a 28 colexios e case 1.400 nenos gozar dunha experiencia única e exclusiva: visitar dependencias do Estadio ABANCA-RIAZOR polas que soamente circulan habitualmente os xogadores e o persoal do Club e, ademais, empaparse de historia branquiazul.

Posto en marcha en abril de 2016 no Hogar de Santa Margarita, en cuxa residencia habitan os canteiráns do RC Deportivo chegados de fóra de Galicia, 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' empezou a organizarse con regularidade durante a temporada futbolística 2016-2017, duplicando a súa actividade cada ano até alcanzar esta campaña os 28 centros educativos.