RCD / NOVAS

Entregados VINOS premios en recoñecemento á excelencia académica entre os futbolistas de #ANosaCanteira

28/02/2019 19:22

A sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo acolleu a entrega dos VI premios en recoñecemento á excelencia académica entre todos os xogadores e xogadoras do fútbol formativo do Real Club Deportivo.

72 futbolistas foron premiados nas diferentes categorías: ouro, prata e bronce, recibindo un diploma de recordo coa imaxe de todos os compañeiros e compañeiras cos que comparten o cadro de honra da temporada.

Ademais os 24 xogadores en categoría ouro fotografáronse cos futbolistas do primeiro equipo antes do partido Dépor – Albacete do 20 de xaneiro en Abanca-Riazor.