RCD / NOVAS

Equipos madrileños, castelán-leoneses e un canario serán os rivais ligueiros do Fabril

11/07/2018 21:24

A Federación Española de Fútbol deu a coñecer hoxe mércores 11 de xullo a composición do grupo 1º de Segunda División B, no que competirá o Fabril por segunda temporada consecutiva.

O rivais do filial deportivista son, ademais do resto de equipos galegos, os madrileños, castelán-leoneses e un único equipo canario.

O grupo está formado polos seguintes equipos: Fabril, Las Palmas Atlético, Cultural Leonesa, SD Ponferradina, CD Guijuelo, Valladolid B, Burgos CF, Unionistas de Salamanca CF, CF Salmantino, Celta B, Rápido de Bouzas, Pontevedra CF, Coruxo FC, CDA Navalcarnero, UD San Sebastián de los Reyes, AD Unión Adarve, Real Madrid Castilla, CF Fuenlabrada, Atlético de Madrid B e SADCF Internacional DSL.

O Fabril iniciou o pasado luns 9 de xullo ás 10:30 horas na Cidade Deportiva de Abegondo a pretemporada.

Os futbolistas citados para comezar os adestramentos son os seguintes:

Porteiros
Pablo Brea Fontáns
Chema Leobalde Sende

Defensas
Israel Pérez Buján (xogador xuvenil procedente do Ural)
Víctor Eimil García
Blas Alonso Pena
Emilio Lucas Viña
Diego Caballo Alonso
Steve Aldo One
Raúl González Valls
Enrique Fornos Domínguez

Centrocampistas
Alejandro Boedo Varela
Yago Gandoy Martínez
Gaizka Martínez Navarro
Miguel Ángel Prendes Pérez (xuvenil que procede do CD Roces)
Pablo Porrúa Magariños
Iago Novo Marta
Famoussa Kanouté
Diego Villares Yáñez
Sergio Ortuño Díaz
Álex Pérez Buján (xuvenil que procede do Ural CF)
Jorge Valín Sánchez

Dianteiros
Luis Miguel Redondo Fernández 'Luismi'
Uxío da Pena Gutiérrez
Adrián Castro Mesa
Víctor García Raja

O corpo técnico do Fabril está formado por:
Tito Ramallo Peña - adestrador
Manuel Pablo García Díaz - segundo adestrador
Lois Rodríguez Lorenzo - preparador físico
Alberto Casal Arantes - adestrador de porteiros
Fernando Rodríguez López - readaptador
José Manuel Garrote - delegado

O filial deportivista ten xa 3 amigables confirmados este mes de xullo:

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo, h.s.c.: Dépor - Fabril
Xoves 26 de xullo, campo de El Pardo en Navia, 18:00 h.: Real Oviedo Vetusta - Fabril
Domingo 29 de xullo, A Magdalena de Vilalba, h.s.c.: Racing Villalbés - Fabril