RCD / NOVAS

Esgotadas todas as localidades para o Dépor-Lugo

26/02/2020 18:55

Esgotáronse todas as localidades dispoñibles para o encontro da 30ª xornada de LaLiga SmartBank no Estadio ABANCA-RIAZOR, o domingo 1 de marzo ás 16:00 horas contra o CD Lugo.

O domingo, día do partido, os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor permanecerán abertos para atender incidencias de socios e afeccionados do Real Club Deportivo.

O Real Club Deportivo quere agradecer de novo a toda a súa afección a súa resposta para acompañar ao equipo no partido contra o CD Lugo.