RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esixente sesión física para o Deportivo

O Deportivo completou esta mañá 90 minutos de esixente sesión física nos campos 2 e 3 de Abegondo.

Os futbolistas branquiazuis, hoxe tamén co meta fabrilista Pedro López, arrancaron o traballo no céspede cun quecemento con balón.

A continuación, o preparador físico, Julio Hernando, dispuxo un circuíto de forza e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse á marxe Fede Cartabia e Dubarbier; e faltou Didier Moreno, que esta noite en Harrison (Estados Unidos), próxima madrugada en España, afronta o seu segundo partido con Colombia, esta vez ante Costa Rica.

Mañá mércores, o cadro está citado de novo ás 11:00 horas na Cidade Deportiva para seguir preparando a visita ao Córdoba CF, prevista para este sábado 20 de outubro (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 10ª xornada en LaLiga 1|2|3.