RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esixente volta ao traballo para o Dépor

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos en Abegondo despois dun merecido descanso, favorecido polo día do choque ante o Girona FC en ABANCA-RIAZOR, o pasado venres.

Fernando Vázquez dispuxo hoxe martes unha esixente e longa sesión desde o punto de vista físico, por encima das dúas horas de duración no céspede.

Houbo, após un quecemento e rondos, un circuíto físico de finalizacións, unha serie de exercicios tácticos e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse á marxe do grupo Dani Giménez, Claudio Beauvue e Salva Ruiz, este con unhas molestias nos isquiotibiais, pendentes de avaliación médica.

Hoxe estiveron co primeiro equipo os canteiráns Mujaid, Álex Cobo, Alberto e Juan Rodríguez.

Mañá mércores, o cadro continuará ás 10:30 horas en Abegondo coa preparación do encontro na Romareda ante o Real Zaragoza, previsto para este domingo 23 de febreiro (16:00 horas, #Vamos).