RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

España, con Carlota titular, superou onte a India e hoxe xoga a final do Torneo COTIF ante o Villarreal CF

- Foto: COTIF -

A selección española sub-19, coa deportivista Carlota Sánchez, participa no Torneo Internacional de Fútbol Feminino COTIF 2019 na localidade de L'Alcudia (Valencia).

Onte mércores, Carlota saíu de inicio no triunfo sobre a India (2-0), resultado co que a selección española clasificouse para a gran final do torneo, esta tarde ás 20:00 horas no campo de Els Arcs.

A futbolista coruñesa foi relevada no minuto 36 de encontro por Asunción Martínez.

O pasado luns, Carlota foi tamén titular no triunfo hispano ante Bolivia (2-0). Foi substituída por Aixa Salvador no minuto 56.

O domingo 4 de agosto ante o Villarreal CF, España impúxose (3-1) nun choque no que a atacante do Dépor ABANCA B saltou ao campo no minuto 42 en substitución de Asunción Martínez.

España arrancou o torneo o venres 2 ante Mauritania, partido que se saldou con plácida goleada a favor das españolas (0-11).

Carlota substituíu a Naroa Uriarte no minuto 48. A dianteira branquiazul anotou de penalti o gol que pechaba a conta.

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 2 de agosto
MAURITANIA 0 - ESPAÑA 11

Domingo 4 de agosto
ESPAÑA 3 - VILLARREAL CF 1

Luns 5 de agosto
BOLIVIA 0 - ESPAÑA 2

Mércores 7 de agosto
ESPAÑA 2 - INDIA 0

Xoves 8 de agosto
Final
20:00: ESPAÑA - VILLARREAL CF