RCD / NOVAS

España, con Juan Rodríguez de titular, arranca con triunfo a Copa do Atlántico

28/01/2020 22:35

Juan, ao fondo co número 4, durante o partido de hoxe - Foto: @SeFutbol -

Dous canteiráns, Juan Rodríguez e Mella, están concentrados estes días coas seleccións españolas sub-18 e sub-15 respectivamente.

Juan Rodríguez debutou de titular na Copa do Atlántico

O xuvenil Juan Rodríguez disputa con España sub-18 a 46ª edición da Copa do Atlántico, que se celebra na illa de Gran Canaria desde onte martes 28 de xaneiro.

Eslovaquia foi onte o primeiro rival de España no Municipal de Maspalomas, sito na localidade de San Bartolomé de Tirajana.

Juan Rodríguez foi titular e xogou a primeira parte dun encontro que acabou con triunfo hispano (2-0). No descanso foi substituído por Gelardo.

A próxima cita para España será esta tarde (18:30) ante Xapón, no campo anexo ao Estadio Gran Canaria.

O canteirán branquiazul ten este calendario de partidos no combinado que dirixe o exdeportivista Pablo Amo:

Martes 28 de xaneiro
ESPAÑA 2 - ESLOVAQUIA 0

Mércores 29 de xaneiro
18:30: ESPAÑA - XAPÓN, no Anexo ao Estadio Gran Canaria

Venres 31 de xaneiro
18:30: ESPAÑA - MÉXICO, no Anexo ao Estadio Gran Canaria

O regreso á Coruña será o sábado 1 de febreiro, co tempo xusto para a seguinte cita ligueira do Fabril, o domingo 2 de febreiro ás 17:00 en Abegondo ante o CD Arenteiro.

Mella xogará en San Pedro del Pinatar

Pola súa banda, David Mella foi citado pola selección española sub-15 para disputar 3 encontros internacionais nas instalacións de Pinatar Arena, sitas na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

Así, o combinado nacional que prepara Julen Guerrero ten este calendario de partidos:

Xoves 30 de xaneiro
13:00: ESPAÑA - REPÚBLICA DE IRLANDA

Sábado 1 de febreiro
13:00: REPÚBLICA CHECA - ESPAÑA

Luns 3 de febreiro
16:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOS

Mella concentrouse con España o pasado luns 27 de xaneiro. O dianteiro deportivista, que suma 8 goles en 18 partidos disputados esta temporada en liga, será baixa obrigada co Cadete A a próxima xornada, na súa visita ao Racing de Ferrol prevista para o sábado 1 de febreiro (10:15, A Gándara 1).