RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

España, con Teresa e María Méndez, métese en semifinais do Europeo sub-19 como segunda de grupo

- Foto: @SeFutbolFem -

Hoxe luns 22 de xullo, Teresa Abelleira e María Méndez disputaron o último partido da Primeira Fase do Campionato de Europa sub-19 de Escocia. O rival foi Alemaña, pero xa coa clasificación para semifinais e o Mundial sub-20 de Nixeria no peto.

Ambos os equipos empataron (0-0), suman 7 puntos, pero as xermanas acceden a semifinais como primeiras de grupo por mellor golaverage.

Teresa Abelleira saltou ao campo no minuto 62, en substitución de Rosa Márquez. Pola súa banda, María Méndez non chegou a saltar ao terreo de xogo, do mesmo xeito que nos dous partidos anteriores desta Primeira Fase.

Este xoves 25 de xullo, a partir das 20:30 (hora española) no St. Mirren Park da localidade de Paisley, España xogará as semifinais ante Francia.

Todos os partidos pódense seguir en directo en Teledeporte, a canle temática en aberto de deportes de Televisión Española.

Fronte a Inglaterra na segunda xornada, Teresa entrou ao campo na recta final tamén por Rosa Márquez. E no debut do pasado martes ante Bélxica, a futbolista galega xogou 85 minutos e foi relevada xa co partido decidido por Rubio. Foi decisiva coa súa actuación: na segunda metade forzou cunha gran xogada o penalti que deu lugar ao 1-0 de Claudia Pina; e asistiu a Laia Aleixandri no segundo.

O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 16 de xullo
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Venres 19 de xullo
INGLATERRA 0 - ESPAÑA 1

Luns 22 de xullo
ALEMAÑA 0 - ESPAÑA 0

Semifinais
Xoves 25 de xullo
20:30: ESPAÑA - FRANCIA, no St. Mirren Park de Paisley